Durante o día 31, de momento, segundo a última actualización estaría practicamente descartada a posibilidade de chuvias durante todo o día (como moito, algún barruzo ás 16-17H mais é moi improbable, máis abaixo en máis información están desglosadas por horas a probabilidade de que caigan gotas para os servizos meteorolóxicos máis coñecidos). Polo tanto, se as condicións meteorolóxicas non varían, NON se esperan chuvias durante o desembarco.
En canto ás nubes, agárdase a presenza de nubes baixas procedentes dunha fronte pouco activa que se manterán ao longo do día con intervalos de nubes altas, sendo posible varios intervalos de claros ao longo do día, xa que non van ser tan consistentes como as nubes de estancamento que nos acompañaron durante estes días.
En canto á temperatura, agárdase que se manteñan respecto ao día anterior cunha máxima que pode situarse entre os 21-23ºC.
NOTA: Debido a que as precipitacións son debidas á presenza dunha pequena fronte, que de momento, parece pouco activa, poderán producirse cambios de importancia, tanto para mellor como para peor, en futuras actualizacións. Así, esta predición está suxeita a modificacións nos próximos días (estas serán a primeira hora da mañá e/ou a última da tarde).
Se queres ver en directo se vai chover ou non en breve, a mellor maneira é seguir o radar meteorolóxico, mais as gotas moi finas a veces non salen:
![]() |
| Fonte: A Voz de Galicia |
------------------------------------------------------------------------------------------
RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina ou dende a páxina de Facebook e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación, se os cambios producidos non son de moita importancia).
------------------------------------------------------------------------------------------
- MÁIS INFORMACIÓN:
Temos que a probabilidade de que chova para Meteogalicia pola mañá é como máximo dun 40% ao redor das 10H e de novo ao redor das 17-18H volve aumentar ata outro 40%, de maneira que xa a probabilidade de choiva é moi reducida ao longo do día e segundo isto podería descartarse que chovera en todo o día, se non se volven a producir novos cambios co paso das horas. Eso si, se caera algo, serían gotas de tipo débil ou moi débil.
Para outros servizos meteorolóxicos a probabilidade é a seguinte:
- AEMET: 06-12H 100% 12-18H 85% 18-24H 0%
- WEATHER CHANNEL: A probabilidade de auga é como máximo dun 15% entre as 14H e 17H , sendo inferior a iso nas demais horas do día (+fiable)
- eltiempo.es : 09-12H 80%, 12H 30%, 13-18H 60%, de 18H en diante 30%
- METEOGALICIA: mañá 40% tarde 40% noite 25% (+fiable)
- Facebook: O Tempo en Foz
- Instagram: O Tempo en Foz


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Suxerencias ou comentarios
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.