Facendo unha mestura entre as predicións de AEMET e METEOGALICIA, pode decirse que se esperan ventos moderados do Sudoeste, cuxos refachos poderían alcanzar (ou incluso superar) os 60-70 km/h. Ademais, existe unha alta probabilidade de precipitacións entre as 00-02h e pola tarde podería caer algunha gota, e tamén a partir das 23-00 h da noite. Pola mañá é moi probable que estea despexado con algúns intervalos nubosos, ata o mediodía ou primeira hora da tarde, momento no cal comezarán a chegar máis cantidade de nubes.
Para estar mellor informado e en directo de se vai chover ou non podes seguir o radar de precipitación nas últimas 3 horas na seguinte imaxe e completo na páxina web de Meteogalicia:
NOTA: A gran inestabilidade atmosférica presente nesta semana pode provocar actualizacións nesta predición nos próximos días. Ver máis abaixo o motivo da elevada incerteza existente. As horas da predición son orientativas.
No que si podemos ter unha gran certeza é no aumento considerable da temperatura causado polos ventos do Sur, esperándose unha máxima superior aos 26ºC.
- MÁIS INFORMACIÓN:
A aparición deses ventos moderados e precipitacións depende directamente da situación temporal e espacial dunha borrasca que se vai situar ao noroeste da Península Ibérica. A incerteza no movemento desta borrasca, vese claramente nas grandes diferenzas entre os 2 principais modelos globais, o norteamericano GFS e o europeo ECMWF, os cales non teñen unha opinión común sobre a traxectoria que vai seguir a borrasca e polo tanto, nun non se esperan chuvias en Foz mentres que no outro si e de moderada intensidade. Esa diferenza amósase ben neste tuit de Meteogalicia no cal se comparan os 2 comportamentos esperados:
Os modelos globais amosan dúas situacións a partir do xoves, ambos propoñen a chegada dunha borrasca que traerá chuvias, diferéncianse na estructura e ubicación. O #GFS indica chuvias xeneralixadas con intensidade forte🧐e o #ECMWF chuvias febles no oeste. #incertidume🤔 pic.twitter.com/cyLGdoSURr— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) August 5, 2019

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Suxerencias ou comentarios
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.