Facendo unha mestura entre as predicións de AEMET e METEOGALICIA, pode decirse que se esperan ventos do Sudoeste frouxos pola mañá con refachos que poden chegar ata os 30 km/h , cambiando pola tarde a vento do cabo (noroeste) con refachos que poderían chegar ata os 40 km/h nas primeiras horas da tarde, para despois ir diminuíndo o vento ata volverse calmado á noite. Esta configuración de ventos vai favorecer que sexa un día maioritariamente despexado ata que se produza a aparición de nubes baixas no transcurso da tarde.
Ademais, non se agardan precipitacións na meirande parte do día, mais para Meteogalicia a última hora da tarde-primeira hora da noite non se pode descartar que puidesen caer algunhas gotiñas febles, agora ben, tanto na hora dos fogos como no resto da noite todos os servizos meteorolóxicos coinciden en que non choverá. Esta pequena pero existente probabilidade de auga podemos vela no modelo WRF de Meteogalicia, no cal vemos como aparece unha pequena mancha verde clara sobre Foz:
Por outra banda, é probable que a temperatura descenda respecto a días anteriores, situándose a máxima ao redor dos 24-25ºC, mentres que na hora dos fogos teremos unha temperatura moi agradable ao redor dos 17-18ºC.
![]() |
| Fogos do San Lourenzo. Fonte: Filme Fotografía. |
A partir do próximo mércores dispoñible a predición para a FESTA DE MARZÁN, non a perdas 😉:
- MÁIS INFORMACIÓN:
Probabilidade de precipitación dos modelos e servicios meteorolóxicos principais para a noite do 10 de agosto:
- AEMET: 5%
- Accuweather: 8%
- The Weather Channel: 20%
- Meteogalicia: 20%
- eltiempo.es: 20%



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Suxerencias ou comentarios
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.