- EN POUCAS PALABRAS:
Facendo unha mestura entre as predicións de AEMET e METEOGALICIA, pódese decir que se esperan ventos do suroeste frouxos de madrugada, que cambiarán a noroeste frouxo pola tarde con refachos que poden ser superiores aos 30 km/h, principalmente pola tarde e que acabará cambiando a suroeste frouxo con refachos que poderían superar os 20 km/h.
Existe unha alta probabilidade de precipitación entre as 13-14 h e ata as 20-21 h, non descartándose que nalgúns momentos teñan carácter tormentoso.
NOTA: Estas tormentas vanse producir pola presenza de aire frío nas capas altas da atmosfera, producindo unha gran inestabilidade en Galicia, ao haber unha masa de aire frío por enriba dunha masa de aire quente sobre a superficie, favorecéndose a convección e en consecuencia as tormentas. Ademais, como xa é coñecido, ubicar temporal e espacialmente as treboadas é moi complicado.
A primeiras horas da mañá é moi probable que o día estea practicamente despexado, para que despois co paso das horas comecen a aparecer nubes de tipo medio e alto.
En canto as temperaturas, producirase un descenso das temperaturas respecto ao día anterior, esperándose unha máxima ao redor dos 23ºC .
Para ver en directo e saber mellor se caerán ou non as treboadas o mellor é seguir o radar meteorolóxico de Meteogalicia:


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Suxerencias ou comentarios
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.