Traductor

sábado, 17 de agosto de 2019

PREDICIÓN PARA O 17 DE AGOSTO (FESTA DE MARZÁN 2019) ACTUALIZADO 17/8 10H

Facendo unha mestura entre as predicións de AEMET e METEOGALICIA, pódese decir que se esperan ventos do suroeste moderados nas primeiras horas da mañá e que cambiarán a frouxos no resto do día ata primeira hora da noite, momento no cal aumentarán a súa intensidade, convertíndose en moderados con refachos que poderían superar como máximo os 60 km/h . Finalmente, cambiarán a suroeste moi frouxo no resto da noite.

Durante o día 17 NON se esperan precipitacións, xa que unha fronte moi activa non entrará ata a partir das 03-04h do día 18 (ver máis abaixo máis información) .

Por outra banda, agárdase un día maioritariamente despexado con algunhas nubes de tipo alto principalmente pola tarde, ata a medianoite, momento no cal comecen a chegar moita máis nebulosidade.

En canto á temperatura, o suroeste fará que se eleve, cunha máxima que pode situarse entre os 28-30ºC . Ademais, durante a FESTA DE MARZÁN, será moi agradable manténdose por enriba dos 21ºC, ata a medianoite.

NOTA: Debido á gran inestabilidade presente (ver máis abaixo máis información) esta predición está suxeita a modificacións nos próximos días (as actualizacións serán a primeira hora da mañá e/ou a última da tarde).



RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación).



- MÁIS INFORMACIÓN:

Unha borrasca no norte das Illas Británicas vai ser culpable de enviar unha fronte durante a madrugada do día 18 que se vai a atopar cun río atmosférico procedente do Caribe gañando moita humidade de tipo tropical e causando que se poidan recoller unha cantidade importante de precipitación principalmente nas provincias atlánticas.


A probabilidade de precipitación para os principais servicios meteorolóxicos antes das 00H do día 18 de agosto é a seguinte:

  • METEOGALICIA: 0% 
  • eltiempo.es: 0%
  • AEMET: 5%
  • THE WEATHER CHANNEL: 5% 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Suxerencias ou comentarios

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.