Traductor

venres, 30 de agosto de 2019

PREDICIÓN PARA O 30 DE AGOSTO (IX FESTA NORMANDA) ACTUALIZADO 30/08 10H

Facendo unha mestura entre as predicións de THE WEATHER CHANNEL, AEMET,  METEOGALICIA e os 2 modelos globais principais (ECMWF e GFS) pódese decir que se esperan ventos de nordés frouxos en xeral durante todo o día con refachos que poderían chegar como máximo aos 20 km/h ao longo do día. De noite, practicamente o vento estará en calma.

Durante o resto do día 30 a probabilidade de que chova é practicamente nula. 

En canto ás nubes, agárdase a presenza de nubes de estancamento causadas polo nordés (se nos visitas dende o interior, debes saber que é moi probable que a visibilidade no Alto do Fiouco sexa bastante reducida, salvo nas horas centrais do día). Estas nubes poderían desaparecer, polo menos  parcialmente (xa que completamente parece complicado), de Foz ao mediodía e volver a aumentar a súa presenza a partir de media tarde.

En canto á temperatura, aumenta respecto ao día anterior cunha máxima que pode situarse entre os 21-23ºC.



Se queres más información sobre a última gran festa do verán na Mariña preme neste enlace.

NOTA:  Esta predición foi feita a partir dos servicios meteorolóxicos anteriores e está suxeita a modificacións. 

------------------------------------------------------------------------------------------

RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina ou dende a páxina de Facebook e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación, se os cambios producidos non son de moita importancia).

------------------------------------------------------------------------------------------




Segue toda a información do Tempo en Foz nas redes sociais:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Suxerencias ou comentarios

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.