Traductor

sábado, 24 de agosto de 2019

PREDICIÓN PARA O 24 DE AGOSTO (ACTUALIZADO 24/08 10H)


RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación).


------------------------------------------------------------------------------------------



Facendo unha mestura entre as predicións de THE WEATHER CHANNEL, AEMET e METEOGALICIA, pódese decir que se esperan ventos do sur frouxos nas primeiras horas da mañá e que cambiarán a norte frouxo no resto do día ata primeira hora da noite e finalmente, cambiarán a suroeste moi frouxo no resto da noite.

Durante o día 24 NON CHOVERÁ.

Nas primeiras horas da mañá, agárdase a presenza dalgunhas nubes baixas que irán dispersándose co paso da mañá. Tamén, a partir da media tarde aparecerán algunhas nubes baixas as cales poden provocar que o día se acabe nublando polo menos parcialmente.

En canto á temperatura, diminuirá respecto ao día anterior cunha máxima que pode situarse entre os 21-23ºC.

Fonte: A Voz de Galicia.
Polo tanto, teremos un tempo ideal para disfrutar dos acontecementos que terán lugar este sábado, tales como:





NOTA: 
 Esta predición está suxeita a modificacións nos próximos días (as actualizacións serán a primeira hora da mañá e/ou a última da tarde).


-PROXIMAMENTE:


A partir do próximo martes 27 de agosto  a predición máis completa para o venres da FESTA NORMANDA e dende o mércores 28 de agosto, a do sábado. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Suxerencias ou comentarios

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.