------------------------------------------------------------------------------------------
Facendo unha mestura entre as predicións de THE WEATHER CHANNEL, AEMET e METEOGALICIA, pódese decir que se esperan ventos do sur frouxos na madrugada e que cambiarán a nordés frouxo durante o resto do día e noite.
Durante o día 25 non se pode descartar que poidan caer algunhas precipitacións de tipo débil (barruzo), pola mañá ata as 15h e a partir das 18h ata as 21-22h xa que neses momentos a probabilidade para os 3 servicios meteorolóxicos atópase ao redor dun 60% . Incluso tampouco é descartable algún intervalo de intensidade moderada se algunha das treboadas que van caer no resto da provincia de Lugo consegue chegar á Mariña sen debilitarse. Agora ben, hai que ter en conta que somos a única comarca de Lugo que non ten un aviso meteorolóxico por treboadas activado para hoxe.
En canto á temperatura, diminuirá respecto ao día anterior cunha máxima que pode situarse entre os 18-20ºC.
NOTA: As horas son orientativas. Esta predición está suxeita a actualizacións nas próximas horas se se producen cambios significativos, xa que estamos nunha situación de inestabilidade provocada pola presenza de aire frío en altura.
Podes seguir en directo o radar meteorolóxico de Meteogalicia neste enlace, para ver se vai chover en pouco tempo ou non:
-PROXIMAMENTE:
A partir do próximo martes 27 de agosto a predición máis completa para o venres da FESTA NORMANDA e dende o mércores 28 de agosto, a do sábado.


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Suxerencias ou comentarios
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.