Traductor

venres, 9 de agosto de 2019

PREDICIÓN PARA O 9 DE AGOSTO (ACTUALIZADA 9h)

-ÚLTIMA HORA:

AEMET e METEOGALICIA activan aviso amarelo por fenómeno meteorolóxico adverso debido aos ventos do Sudoeste que poderían deixar refachos superiores aos 80 Km/h na Mariña. O aviso está activado ata as 18h para o primeiro e ata as 15h para o segundo. 


- EN POUCAS PALABRAS:

Facendo unha mestura entre as predicións de AEMET e METEOGALICIA, pódese decir que se esperan ventos do Sudoeste moderados que cambiarán a frouxos a media tarde e cuxos refachos poderían superar nalgún momento do día (principalmente pola mañá) os 70 km/h. Ademais, xa non se agardan precipitacións na meirande parte do día, só poderían caer algunhas gotas durante as primeiras horas do día, ou sexa, entre as 00-02 h da madrugada, mais isto depende de cando se produza o paso da borrasca. En canto as nubes, só se agardan en algúns momentos de tipo alto, polo que podería estar despexado na meirande parte do día.

NOTA: A gran inestabilidade atmosférica presente nesta semana pode provocar actualizacións nesta predición nos próximos días.

No que si podemos ter unha gran certeza é que a temperatura continuará sendo bastante alta, provocado polos ventos do Sur, sendo a máxima superior aos 25ºC, mais é posible que diminúa lixeiramente respecto ao día 8.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Suxerencias ou comentarios

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.