Traductor

sábado, 1 de febreiro de 2020

COMO FOI XANEIRO?

Analicemos o tempo que tivemos este pasado mes de xaneiro cos datos recollidos pola estación meteorolóxica de Meteogalicia en Foz nas seguintes gráficas:


 - DÍAS DE CHOIVA:

Na imaxe pódese observar que no pasado mes de xaneiro choveu uns 4 días menos (15) que o promedio en dito mes do período temporal 2006-2019 (19) e tamén 2 menos respecto a xaneiro de 2019. Ademais, un día menos que no pasado mes de decembro do ano pasado.





- PRECIPITACIÓNS:

En canto as precipitacións recollidas (72,4 L/m^2), vemos que se recolleron case 39 L/m^2 menos que a media destes últimos 14 anos no mencionado mes (111,27 L/m^2) e tamén case 87 L/m^2 menos que o pasado mes de decembro (155 L/m^2). Ademais, choveu tamén uns 29,6 L/m^2 menos ca o xaneiro do ano pasado: 102 L/m^2.
                                                           



- TEMPERATURA MEDIA:

Examinemos agora a temperatura media. Na figura vemos como a temperatura media este ano foi de 10,44ºC, uns dous grados por enriba dos 8,40ºC do ano pasado e tamén lixeiramente superior aos 9,38ºC  que marcan o promedio do mes de xaneiro entre os anos 2006-2019.

Ademais, a temperatura media practicamente non experimentou case ningunha diferencia coa do pasado mes de decembro , mes no cal tivemos unha temperatura media de 11ºC, polo que estes 2 últmos meses foron moi parecidos no referente ás temperaturas.

Por outra banda, sinalar que aínda que os últimos días de xaneiro deste ano foron relativamente cálidos, non se chegou a superar en ningún momento os 20ºC na estación de Foz, rexistrándose unha temperatura máxima de 18,8ºC o pasado 31 de xaneiro (4ºC por enriba da máxima do ano pasado de 14,2ºC) , a cal se sitúa na quinta posición das temperaturas más cálidas en xaneiro dende 2006. O máximo deste período rexistrouse en 2016 con 22,4ºC, mentres que aos 20ºC tamén se consigueu chegar en 2018.




- CONCLUSIÓNS:

No pasado mes de xaneiro, choveu menos días e en menos cantidade ca o ano pasado, mentres que, en cambio, fixo menos frío.  Respecto ao promedio dos últimos 13 anos, este ano foi moi chuvioso e tamén  un pouco máis frío que dito promedio.


Fonte: Meteogalicia


RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación, se os cambios producidos non son de moita importancia). Ademais, dende o PRÓXIMO SÁBADO toda a información sobre o ENTROIDO DE FOZ 2020.

IMPORTANTE: Se cres que estás subscrito mais non recibes no correo esta publicación antes das 15H, entón revisa o SPAM ou a BANDEXA DE ENTRADA do teu correo e acepta a confirmación e se non volve a introducir o teu correo electrónico. 


Segue toda a información do Tempo en Foz nas redes sociais:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Suxerencias ou comentarios

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.