Facendo unha mestura entre as predicións de THE WEATHER CHANNEL, os modelos a curto plazo da AEMET e METEOGALICIA e os dous modelos globais principais (ECMWF e GFS) pode decirse, cunha fiabilidade superior a un 95%, que se agarda unha tarde maioritariamente SOLEADA, mais algúns modelos como o WRF de MeteoGalicia e o modelo europeo seguen afirmando a posibilidade de que se poidan formar algunhas nubes baixas de estancamento, as cales, en todo caso, NON deixarían precipitacións. Así, segundo o WRF estas nubes poderían aparecer sobre as 18h da tarde e ir desaparecendo coa noite ao ir cambiando o (pouco) vento de dirección.
En cambio, o modelo norteamericano e o HARMONIE da AEMET non agardan a formación desas nubes, tal e como se pode observar na seguinte imaxe:
Cal acertará? Esa é a gran pregunta pero a resposta non é nada sinxela, xa que estas típicas nubes de estancamento que nos acompañan, casi sempre, en situacións anticiclónicas, como a agardada este sábado, son consecuencia do efecto de ventos de compoñente norte e nordés. Para que se formen, este non pode ter unha intensidade nin demasiado forte nin demasiado feble, polo que calquer mínimo erro dos modelos respecto ao vento, podería provocar que xurdiran ou que non.
Así, no caso de hoxe, durante as primeiras horas da tarde, vento maioritariamente do NORTE ou NORDÉS con intensidade feble e refachos máximos que poderían situarse ao redor dos 15-20km/h, mais despois iría variando a súa dirección ata convertirse en SUR ou SUROESTE a últimas horas da tarde-primeiras da noite e intensidade tamén FEBLE, practicamente en calma.
En canto ás temperaturas, nas horas do desfile podería situarse entre os 12-14 ºC no comezo deste e entre os 9-11ºC na finalización. Moita sorte aos participantes e a gozar do Entroido de Foz!!!!!
Fonte: Concello de Foz
NOTA: Esta predición foi feita tendo en conta as saídas dos modelos dos servicios meteorolóxicos anteriores, polo que está suxeita a actualizacións en próximos días.
-----------------------------------------------------------------------------------------
RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina ou dende a páxina de Facebook e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación, se os cambios producidos non son de moita importancia).
Segue toda a información do Tempo en Foz nas redes sociais:
- Facebook: O Tempo en Foz
- Instagram: O Tempo en Foz



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Suxerencias ou comentarios
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.