O día 6, de momento a probabilidade de precipitacións é inferior a un 15%, durante todo o día, polo tanto NON se agardan precipitacións. En canto as nubes agárdase a presenza de nubes de tipo alto de madrugada e nas primeiras horas da mañá, que co paso desta, complementaranse coa presenza de nubes medias e baixas. Esta maior presenza de nebulosidade, principalmente pola tarde, vai ser un dos principais síntomas que van indicar a fin da situación anticiclónica predominante nesta semana. Así, é probable que no resto da ponte SI poida chover especialmente o domingo.
En canto ás temperaturas, a máxima podería ser moi similar ao día anterior, situándose ao redor dos 13-15ºC, mentres que a mínima (primeira hora da mañá) podería subir lixeiramente respecto ao día anterior situándose ao redor dos 5-7ºC.
| Nubes altas en Foz. Fonte: Wikipedia. |
NOTA: Esta predición foi feita tendo en conta as saídas dos modelos dos servicios meteorolóxicos anteriores, polo que está suxeita a actualizacións en próximos días.
-----------------------------------------------------------------------------------------
-------
RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina ou dende a páxina de Facebook e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación, se os cambios producidos non son de moita importancia).
IMPORTANTE: Se cres que estás subscrito mais non recibes no correo esta publicación antes das 19H, entón revisa o SPAM ou a BANDEXA DE ENTRADA do teu correo e acepta a confirmación e se non volve a introducir o teu correo electrónico no espazo habilitado.
Segue toda a información do Tempo en Foz nas redes sociais:
- Facebook: O Tempo en Foz
- Instagram: O Tempo en Foz
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Suxerencias ou comentarios
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.