Traductor

venres, 1 de novembro de 2019

PREDICIÓN PARA A FIN DE SEMANA DO 2 E 3 DE NOVEMBRO (ACTUALIZACIÓN 02/11 15h)

Facendo unha mestura entre as predicións de THE WEATHER CHANNEL, AEMET,  METEOGALICIA e os 2 modelos globais principais (ECMWF e GFS) pode decirse que segundo as útimas actualizacións recollidas ata o 02/11 ás 15H, o que se agarda para cada día desta ponte é o seguinte:

NOTA:  Esta predición foi feita tendo en conta as saídas dos modelos dos servicios meteorolóxicos anteriores, polo que está suxeita a actualizacións en próximos días. 
  • Sábado 2 de novembro:
Vento do suroeste que a partir das 16-17h  poderán comezar a gañar intensidade con refachos que poden ser superiores, nalgún momento da tarde e noite, aos 60-70 km/h.

En canto a probabilidade de precipitacións case todos os servizos meteorolóxicos anteriores coinciden en que a partir das 15 horas existe unha pequena probabilidade de chuvias intermitentes ao longo da tarde e noite, sendo probable que  (salvo entre as 15-16h) en toda a tarde non caigan máis precipitacións.  Imaxe do radar en directo:


Radar de precipitación 02/11.

Por outra banda, vaise producir un descenso das temperaturas que podería ser incluso nas máximas de 4-5ºC respecto ao venres.

AVISOS ACTIVADOS:

- AEMET:

  • AMARELO: 
    • VENTO: Refachos máximos de ata 90km/h entre as 21 e as 23:59.
    • COSTEIROS: Vento do W ou SW forza 7. Mar combinada do W aumentando a 4 a 5 m entre as 10 e as 18.
  • LARANXA:
    • COSTEIROS: Vento do W ou SW forza 8 ou 9 e mar combinada do NW de 5 a 7 metros, entre as 18 e as 23:59.
- METEOGALICIA:

  • AMARELO:
    • VENTO: Refachos superiores aos 80km/h entre as 18 e as 23:59.
    • COSTEIROS: Vento oeste, forza 7 con intervalos de forza 8 entre as 15 e as 21.
  • LARANXA:
    • COSTEIROS: Mar combinada con ondas superiores aos 4 metros entre as 21 e as 00 e tamén por vento do oeste, forza 8, con intervalos de forza 9 ó final entre as 21 e as 00.

ALERTAS ACTIVADAS POLA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS:

  • LARANXA:
    • COSTEIROS: Vento do W ou SW forza 8 ou 9 e mar combinada do NW de 5 a 7 metros entre as 18 e as 23:59.

  • Domingo 3 de novembro:
Na madrugada do domingo será cando se dará a peor situación entre as 00H e as 04-05H non descartándose incluso que nalgunhas zonas occidentais da Mariña se poidan superar os 110 km/h, como se pode observar na seguinte imaxe do modelo WRF. No caso de Foz, parece seguro que entre as 00H e as 03H se poderían superar os 80 km/h, mais non parece que se superen nin os 90 nin os 100 km/h, salvo nas zonas máis altas como podería ser na Frouxeira, xa que a máis altura máis vento. Despois desas horas, diminuirían con refachos máximos de ata 50 km/h ao longo da mañá e pola tarde dende as 16-17 H poderían volver a aumentar chegando como máximo ata os 60-70 km/h, ao longo da tarde e da noite.


Imaxe do modelo WRF de Meteogalicia para as 01H do domingo 3, na cal se poden apreciar tonos violetas na parte occidental mariñá que implican refachos superiores aos 110 km/h.

Poderían caer gotas dende as 01-03H ata as 08-10H da mañá, entre as 12-14H e a partir das 19-20H ata o final do día 3.

Por outra banda, as temperaturas permanecerán máis ou menos constantes respecto ao sábado cunha máxima entre os 18-20ºC.




AVISOS ACTIVADOS:

- AEMET: 
  • LARANXA:
    • COSTEIROS: Vento do W ou SW forza 8 ou 9 e mar combinada do NW de 5 a 7 metros entre as 00 e as 23:59.
    • VENTO: Refachos do suroeste que rolan rapidamente a oeste e noroeste, que poden chegar a superar os 100km/h entre as 00 e as 06.
- METEOGALICIA:

  • AMARELO:
    • VENTO: Refachos superiores aos 80km/h entre as 03 e as 06 e entre as 18 e as 23:59.
    • COSTEIROS: Por vento do sudoeste, forza 7, con intervalos de forza 8 ó final entre as 06 e as 23:59 e por mar combinada con ondas entre os 4 e 5 metros entre as 15 e as 23:59.
  • LARANXA:
    • VENTO: Refachos superiores aos 100km/h entre as 00 e as 03.
    • COSTEIROS: Mar combinada con ondas entre os 5 e os 7 metros  entre as 00 e as 15 e tamén por vento do oeste, forza 8, con intervalos de forza 9 ó final entre as 00 e as 06.

ALERTAS ACTIVADAS POLA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS:

  • LARANXA:
    • VENTO: Refachos superiores aos 100km/h entre as 00 e as 06.
    • COSTEIROS: Vento do W ou SW forza 8 ou 9 e mar combinada do NW de 5 a 7 metros entre as 00 e as 23:59.


RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina ou dende a páxina de Facebook e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación, se os cambios producidos non son de moita importancia).

IMPORTANTE: Se cres que estás subscrito mais non recibes no correo esta publicación antes das 15H, entón revisa o SPAM ou a BANDEXA DE ENTRADA do teu correo e acepta a confirmación e se non volve a introducir o teu correo electrónico no espazo habilitado.

Segue toda a información do Tempo en Foz nas redes sociais:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Suxerencias ou comentarios

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.