Traductor

venres, 1 de novembro de 2019

COMO FOI OUTUBRO?

Analicemos o tempo que tivemos este pasado mes de outubro cos datos recollidos pola estación meteorolóxica de Meteogalicia en Foz nas seguintes gráficas:


 - DÍAS DE CHOIVA:

Na imaxe pódese observar que no pasado mes de outubro choveu 2 días menos (14) que o promedio en outubro dos anos 2006-2018 (16) e tamén un menos respecto ao outubro de 2018. En cambio, si choveu ata 3 días máis que no pasado mes de setembro (11).





- PRECIPITACIÓNS:

En canto as precipitacións recollidas en outubro (146,80 L/m^2), vemos que se recolleron case 63 L/m^2 máis que a media destes últimos 13 anos no mencionado mes (83,80 L/m^2) e tamén case 100 L/m^2 máis que o pasado mes de setembro,  co cal nótase que xa estamos en pleno outono. Ademais, choveu tamén uns 23,5 L/m^2 máis ca o outubro do ano pasado: 123,30 L/m^2.
                                                           



- TEMPERATURA MEDIA:

Examinemos agora a temperatura media. Na figura vemos como a temperatura media este ano foi de 16,58ºC, case 3ºC máis que os 13,65ºC do ano pasado e tamén case 2ºC  por enriba do promedio do mes de outubro entre os anos 2006-2018 (15,02 ºC).

En cambio, a temperatura media baixou case 1ºC respecto a setembro, mes no cal tivemos unha temperatura media de 17,51ºC.

Ademais, a temperatura máxima acadada neste mes foi de 25,94ºC, máis de 2ºC inferior á máxima de outubro do ano pasado (28,13ºC).



- CONCLUSIÓNS:

No pasado mes de outubro houbo menos días de auga ca o ano pasado, mais as precipitacións foron máis abundantes e fixo bastante máis calor ca o ano pasado, aínda que a máxima do mes fose máis baixa, polo que isto implica que houbo menos contraste térmico entre o día e a noite. Respecto ao promedio dos últimos 13 anos, este ano foi moi chuvioso con menos cantidade de días de chuvia e tamén  máis cálido que dito promedio.


Fonte: Meteogalicia


RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina ou dende a páxina de Facebook e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación, se os cambios producidos non son de moita importancia).

IMPORTANTE: Se cres que estás subscrito mais non recibes no correo esta publicación antes das 15H, entón revisa o SPAM ou a BANDEXA DE ENTRADA do teu correo e acepta a confirmación e se non volve a introducir o teu correo electrónico. 



Segue toda a información do Tempo en Foz nas redes sociais:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Suxerencias ou comentarios

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.