Traductor

martes, 1 de outubro de 2019

COMO FOI O MES DE SETEMBRO?

Analicemos o tempo que tivemos este pasado mes de setembro cos datos recollidos pola estación meteorolóxica de Meteogalicia en Foz nas seguintes gráficas:


 - DÍAS DE CHOIVA:

Na imaxe pódese observar que no pasado mes de setembro choveu practicamente os mesmos días (11) que o promedio en setembro dos anos 2006-2018 (10,92). Amais, respecto ao ano pasado, neste 2019 houbo 3 días máis de auga. Aínda que foron a mesma cantidade de días de choiva que en agosto, recolléronse máis precipitacións como veremos máis adiante.





- PRECIPITACIÓNS:

En canto as precipitacións recollidas en setembro (47,80 L/m^2), vemos que se recolleron case 15 L/m^2 máis que a media destes últimos 13 anos no mencionado mes (33,39 L/m^2) e tamén uns 13 L/m^2 máis que o pasado mes de agosto. Ademais, caeu practicamente o mesmo ca o ano pasado: 47,70 L/m^2.
                                                           



- TEMPERATURA MEDIA:

Examinemos agora a temperatura media. Na figura vemos como a temperatura media este ano foi de 17,51ºC, case igual aos 17,58ºC do ano pasado e lixeiramente superior ao promedio do mes de setembro entre os anos 2006-2018 (17,29 ºC). Como agora recibimos menos radiación solar, ou sexa, as noites van a máis, as mínimas son máis baixas que en agosto provocando como consecuencia que a diferenza entre ambos meses sexa de case 2ºC, xa que en agosto tivemos unha temperatura media de 19,15ºC.

Ademais, este ano a temperatura máxima acadada en setembro foi de 28,35ºC o pasado día 30, case 3ºC por enriba do ano pasado (25,48ºC).



- CONCLUSIÓNS:

No pasado mes de setembro houbo máis días de auga ca o ano pasado, mais a temperatura e as precipitacións recollidas foron practicamente idénticas. Respecto ao promedio dos últimos 13 anos, este ano foi máis chuvioso, mais coa mesma cantidade de días de chuvia, e tamén lixeiramente máis cálido que dito promedio.


Fonte: Meteogalicia


RECORDA: Se queres estar informado de todas as novas predicións e novas meteoróloxicas sobre Foz, non tes máis que subscribirte por correo electrónico no enlace da parte superior dereita da versión web da páxina ou dende a páxina de Facebook e recibirás gratuitamente todas as novas publicacións (non se envían as actualizacións que se poidan producir nunha publicación, se os cambios producidos non son de moita importancia).

IMPORTANTE: Se cres que estás subscrito mais non recibes no correo esta publicación antes das 21H, entón revisa o SPAM ou a BANDEXA DE ENTRADA do teu correo e acepta a confirmación e se non volve a introducir o teu correo electrónico. 



Segue toda a información do Tempo en Foz nas redes sociais:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Suxerencias ou comentarios

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.